Nunca traballou a Raquelita, mais non eran tempos aqueles nos que unha muller de familia acomodada tivera que xustifica-lo seu desemprego. Polas manhas, a Raquelita erguiase tarde e deixaba que a criada da sua mai lle estendera o vestido do dia aos pes da cama, despois de pousar dous bicoitos e leite fervido con tres pingas de cafe na mesinha de noite. Cando se sentia enerxetica –rara vez—a Raquelita acompanhaba a criada de seu pai a Praza de Abastos e ordeaba dende a retagarda o menu do dia. Mais eran os deus desexos caoticos i estorbaban mais que axudar. Un dia, por exemplo, antoxabaselle a Raquelita cabrito con ameixas, nabizas e amendoas e a manha enteira se gastaba en atopa-los ingredientes ata que, aburrida, a Raquelita cambiaba de idea e decidia que era dia de ovos de pato fritidos con patacas e botelo. Cando a criada do pai chegaba a casa, eran pasadas as doce e, ardida no medio dun furacan de potas, fritangas e fervenzas, a criada da nai era incapaz de remata-la comida tempo. Mentres isto acontecia, o pai, militar retirado, sentaba moi ergueito coas tripas a lle ruxir. A nai petiscaba nuns melindres e a Raquelita, como case sempre, durmia a “siesta del cordero” (un viaxante castelan amigo do pai esplicaralle que asi se chamaba a cabezada que se da antes do xantar) e baixaba a revolver nas potas na busca de sobras pasadas as tres da tarde, envolta nas cancions dos xilgueiros e o aroma da colonia de La Maja.
As veces coincidia co pai antes de sair da casa cara o Ateneo e iste lle preguntaba:
- Raquelita, ayudastes a hacer la compra hoy?
- Si papa, lo notastes?
- Lo note, nena, lo note. Lo notamos todos.
E baixaba os escalons fumando unha Faria convencido, debaixo do fondo do caixon do ultimo moble do seu subconscente, de que a Raquelita non era su filla. E non erraba neses subliminais devagares. Xeneticamente falando, a Raquelita fora o producto dunha fin de semana na que a nai, daquela ainda unha recen casada a meio consumar, farta de finxir que a infertilidade do seu matrimonio era culpa sua e famenta de enxendro, decidiu presentarse na Corunha na casa dunha madama de putas caras. Era o ultimo dia da Semana Santa do 1900, e moitos dos clientes levaban dias acumulando ganas de vacia-los baixos. A nai da Raquelita petou nunha casa rica detras da praza de Maria Pita. Abriu a madama, que saiu pola porta de servicio ao outro lado do corredor:
- Que se lle ofrece a senhora?
- Quero facer un trato con vostede.
- E logo?
- Quero pasa-la fin de semana con tantos homes coma me poda mandar. Este e o enderezo, no hotel Real.
- Carinho, ben desesperadinha estas –riu a vella. Eu nin sequera te conhezo.
- Importalle que pase? Son so cinco minutos.
A nai da Raquelita entrou nunha cocinha impoluta, onde nada se cocinhara en anos. Ao fondo abrianse as portas verdes do balcon i entraba un vento de lonxa perfumado de mexilons e acedias.
Tuesday, May 15, 2007
Subscribe to:
Posts (Atom)