Monday, April 30, 2007

SOLPORES (I)

Cando naceu, foi unha cousinha redonda, repoluda, pequena coma un boton. A mai non tivo que facer ningun esforzo, caseque, nen o medico ou a matrona se sentiron necesarios. A pequena esbarou polos corredores humidos da sua nai e foi cair nas mans do doutor lenemente, nun silencio de algodons limpos e augas fervidas en balde. O cordon mais ca cordon era un fio de la que se desfrebou antes de seres cortado. “Xa foi” –dixo o medico. “Eiqui a ten” –dixo a matrona. E a mai recolleu aquel cachorrinho de muller, aquela pataquinha nova, aquel bolinho de manteiga e apretouno contra dos peitos con tanto agarimo (“A minha neninha preciosa!) que daquela primeira aperta quedoulle a Raquelita una marca coma un cratere na sua minuscula cabecinha e un rexeitamento instintivo a calquera tipo de contacto humano.

A Raquelita medrou nun barrio ben de Ourense, cando uns poucos ainda a chamaban a Atenas de Galicia, mais pola tendencia dos seus mozos a buscarse as partes duras baixo a Ponte romana que polo amor das suas xentes pola filosofia e as letras. Digo “medrou,” certamente, mais e unha probe eleccion de verba, porque a Raquelita medrar, o que se di medrar, non medrou mais ca dous ous tres pes cara arriba e para de contar. Deixou, eso si, unha melena longa esbararlle polo delgado corpo embaixo, un corpo case esquelete sen mais cor ca unha purpura sobor das palpebras e un par de xeraneos esbaidos nas meixelas. Co pelo rizo e fino e a brancura pantasma do seu corpinho miudo, a Raquelita parecia, espida, unha chiribia pasada.

Non era fea de cara a Raquelita, sen embargo. Tinha uns ollos azul verdoso ponteados de brillos claros e escuros, que cambiaban de lugar con cada palpebrar coma as areas a beira do mar da Toxa. E os beizos eran ben cheos, en forma de sagrado corazon de Xesus. Sentada nos cafes do Paseo cos seus tules e as suas organzas, a nena espertaba a curiosidade deses homes que gostan das mulleres accesorias (a muller chaveiro, a muller reloxio suizo, a muller xemelgo) e mais dun se tinha sentado sen permiso en fronte dela para pedirlle se poderia acompanhala a sua casa do ganchete.

Ela sempre declinaba as invitacions e seguia a sorbe-lo chocolate da Ibense, a mirada perdida nas palmeiras do Parque de San Lazaro. Aquelas tardes primaveirales remataban sempre cunha Raquelita aterida caminhando soa cara a sua casa, mentres as pombas grises se retiraban a dormir nos platanos da Alameda.

1 comment:

tete said...

agardarei impaciente os segundos solpores. os primeiros, vanme resultando, pouco a pouco, descoñecidos. so rememoro felizmente esta atenas recuante cando nos poñemos a camiñar cara o centro, iterando nun aniversario sempre emotivo, os nosos paseos. a cidade e un cumulo de xentes valeiras pra min. carlos regaloume o monte. ti regalasme ourense o teu lado, que e un ourense con sentido e consentido. ata que voltes, pegarei un rodeo.
bicos todos.